15.3.24

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA


Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración coa nosa Biblioteca Escolar, convocamos a IV edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 
 
Nesta cuarta edición, a temática proposta son os descubrimentos. Explorar o mundo é unha aventura que nos conecta coa nosa curiosidade e herdanza. Con este certame, celebramos a valentía dos descubrimentos, invitando a compartir historias e imaxes que capturan a esencia destas exploracións. Sumádevos a esta viaxe de palabras e imaxinación, onde cada participante é un navegante moderno. Deixade que as vosas creacións descubran novos horizontes e inspirade outras persoas a facer o mesmo. Animámosvos a mergullarvos no pasado ou a soñar con futuros destinos, capturando a esencia dos descubrimentos nun microrrelato e nunha imaxe. Estades preparadxs para explorar e compartir os vosos mundos? Participade e descubride os territorios ocultos da vosa creatividade!
 
O prazo de presentación dos traballos é do 15 de marzo ó 5 de abril de 2024.
 
Picade na foto para acceder ás bases completas do certame!

9.3.24

8M: Día da Muller

Xa está instalada dende onte no corredor de acceso á cafetería a nosa reivindicación do 8M,
 Día internacional da Muller 💜


O alumnado de 4°ESO de Proxecto Competencial preparou estas urnas como 
recordatorio da importancia do voto feminino.
Pero esta vez non se trata de votar, queremos que a comunidade educativa reflexione sobre os dereitos das mulleres. Podes responder as preguntas que se propoñen?




Así mesmo, tamén vos deixamos unha mesa con lecturas recomendadas na porta da Biblio, por se queredes votarlle un ollo estes días a libros escritos coas gafas violetas.

E como guinda final, o impresionante mural que Andrea Pérez e Janire Adrián (4º ESO) fixeron para esta conmemoración. Se pinchades na imaxe poderedes ver como o pintaron! ;)









miau

29.2.24

MICRO ABERTO: María Muíño e Bea Otero

MICRO ABERTO!


No noso último recreo de Micro Aberto, Bea Otero e María Muíño compartiron connosco a súa experiencia durante a estadía que realizaron no mes de novembro en Canadá como participantes no programa PIALE.


Ademais de darnos a coñecer este programa, contáronos algunhas curiosidades sobre Canadá e a cidade de Toronto, faláronnos do sistema educativo do país e dos plans de estudos dos centros que visitaron e contáronnos información interesante sobre distintos aspectos, como as Residential Schools.


21.2.24

MICRO ABERTO: María Corral

MICRO ABERTO!

O 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data para visibilizar o labor das mulleres neste eido, que tantas veces quedou oculto. 

E precisamente iso foi o que fixeron Naiara e Sara o pasado xoves nos #recreosdemicroaberto. Como representantes do @club_ciencias_ortegal, déronnos a coñecer algunhas das principais científicas galegas para que os seus logros saian á luz e non volvan quedar agochados.





19.2.24

Firts Dates por San Valentín

O Día da Candeloria 🐦, San Valentín ♥️... febreiro é o mes do amor 💕💕 e na Biblio quixemos festexalo organizando unha cita a cegas cun libro 🙈💖📚. Hoxe pechamos o mes recordando esta actividade.

 

¿Cantas citas creedes que tiveron éxito?
Pinchade nas fotos para ver o video e averigualo!



8.2.24

MICRO ABERTO: Galegas na Ciencia

MICRO ABERTO!


O 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 👩🏻‍🔬♀️, unha data para visibilizar o labor das mulleres neste eido, que tantas veces quedou oculto.

E precisamente iso foi o que fixeron Naiara e Sara o pasado xoves nos #recreosdemicroaberto. Como representantes do @club_ciencias_ortegal, déronnos a coñecer algunhas das principais científicas galegas para que os seus logros saian á luz e non volvan quedar agochados.



MICRO ABERTO: Profesoras de ciencias.

MICRO ABERTO!


Fai dous días, as nosas profes Elisa, Noelia, Patri, Bea, Gloria e Cris compartiron connosco un anaquiño das súas vidas nos #recreosdemicroaberto. Contáronnos as súas experiencias como estudantes e traballadoras do ámbito científico 👩🏻‍🔬♀️, un mundo no que a miúdo faltan referentes para as nenas porque a presenza das mulleres ás veces queda nun segundo plano.









Dende aquí facemos nosas as palabras de Cris e reivindicamos que todas e todos poidamos dedicarnos ó que nos gusta e, por suposto, tamén ás ciencias!

30.1.24

Día da Non Violencia e Paz

Deixámosvos ás portas da Biblio asnosas recomendacións lectoras
 para esta conmemoración do Día da Non Violencia e Paz.


IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...